O Concello de Rianxo volve colaborar con SOGAPS para impulsar fogares de acollida temporais de nenos e nenas saharauís

21 Febreiro 2026

O Concello de Rianxo vai colaborar un ano máis co SOGAPS (Solidariedade Galega Co Pobo Saharauí) en varias frontes de traballo. Unha delas é a iniciativa Vacacións en Paz, programa de acollemento temporal de nenos e nenas saharauís en familias, durante os meses de xullo e agosto para, entre outras moitas cousas, facilitar as revisións médicas, proporcionar unha alimentación saudábel e evitar a estancia nos campamentos de refuxiados nos que se poden acadar os 50º á sombra. Dende o Concello informan ás persoas que teñan interese en converter os seus fogares en fogares de acollida este verán poden contactar con SOGAPS a través de asociacionsogaps@yahoo.es ou o número de teléfono móbil 678 727 382.

Máis detalles do programa

Durante os meses de xullo e agosto, familias galegas poden acoller a menores saharauís nun programa promovido polo goberno da República Árabe Saharauí Democrática e xestionado pola Asociación Galega de Solidariedade co Pobo Saharauí (AGASPS).

Obxectivos do programa: facilitar revisións médicas e atención sanitaria; garantir unha alimentación saudable que compense déficits nutricionais; evitar as altas temperaturas dos campamentos, que poden chegar aos 50º á sombra; apoiar o aprendizaxe de castelán e galego, reforzando os seus estudos; sensibilizar á sociedade galega sobre a situación do pobo saharauí; e descubrir unha nova cultura e realidade, tamén no tempo de lecer.

O programa vai dirixido a todas as persoas e familias que desexen apoiar a causa saharauí e contribuír a mellorar a calidade de vida destes menores que medran nos campamentos de refuxiados.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.