O Concello de Noia mellora os servizos básicos no núcleo da Albariza

03 Febreiro 2026

O Concello de Noia está a executar na Albariza unha nova actuación de saneamento e abastecemento de auga, que permitirá dotar ao núcleo dunha rede de saneamento pluvial e fecal moderna e eficiente. Esta infraestrutura quedará conectada a unha fosa séptica común dimensionada para o dobre da poboación actual, garantindo capacidade e servizo tamén de cara ao futuro.

Ao mesmo tempo, o Executivo está a realizar a conexión coa rede de abastecemento de auga ao longo da estrada autonómica AC-311, “completando unha intervención clave para mellorar a calidade de vida da veciñanza”, explicou o Concello, engadindo que as obras inclúen tamén a pavimentación con aglomerado, dentro do Plan Camiña Rural.

Dende o Consistorio indican que un dos aspectos máis destacados desta actuación é que se está a levar a cabo con medios propios do Concello, “o que supón un aforro aproximado de 60.000 euros respecto doutros sistemas de execución”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

Hace tres semanas fue publicado el muy simpar catálogo REGALADE que enumera y da distancias y medidas de ochenta millones de galaxias en el cosmos observable. Distan hasta seis mil millones de años luz, y permite que los astrónomos identifiquen muchas más galaxias y...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.