O Concello da Pobra supervisa as obras de mellora no Polígono da Tomada

02 Febreiro 2026

O alcalde da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal, e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitaron na mañá deste 2 de febreiro as obras de mellora realizadas no Polígono Industrial da Tomada. Na cita tamén fixo acto de presenza Isabel Cañas, presidenta da Entidade Urbanística de Conservación do Polígono de A Tomada e directora de Relacións Institucionais de CONGALSA.

A actuación, financiada ao abeiro dunha axuda para a mellora das infraestruturas dos parques empresariais da Xunta de Galicia, incluíu o fresado das zonas asfaltadas para posteriormente aplicar unha capa asfáltica, de 5 cm de espesor, e o posterior repintado e colocación de sinais. Actuouse nun viario interior que corresponde á primeira fase do polígono sobre un tramo aproximado de 600 metros.

O rexedor destacou a importancia destas obras “para garantir unhas infraestruturas viarias axeitadas, mellorando a seguridade da circulación e as condicións de uso dun polígono que desempeña un papel clave para o noso tecido comercial”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.