O Concello da Pobra inculcará aos novos a paixón polas artes escénicas coa Mostra de Teatro Escolar

27 Febreiro 2026

O Concello da Pobra do Caramiñal volverá inculcar ao alumnado de educación primaria a paixón polas artes escénicas. Farao coa nova edición da Mostra de Teatro Escolar, que aterrará no municipio con catro funcións pertencentes á Rede Cultural da Deputación da Coruña. A concelleira de Cultura, Patricia Lojo, presentou a programación, na que participarán “455 estudantes dos centros de ensinanza”, subliñou.

O obxectivo non é outro “que achegar ás novas xeracións esta disciplina cultural, descubríndolles historias nas que se tratan cuestións como a amizade e a cooperación, a igualdade, a importancia da cultura e identidade propias, etc.”.

Todas as representacións terán lugar no Teatro do Cine Elma ás 11.30 horas.

A primeira obra en saír á escena será Pepiña Maruxiña quere voar, do grupo Barafunda Animación (3 de marzo). Estará dirixida aos nenos e nenas do Centro Monte Carmelo, da EEI de Vilariño, da Escola de Educación Infantil da Granxa e da EEI da Angustia. A historia está protagonizada por Pepiña, unha pequena maruxiña galega que busca a alguén que lle axude a voar. Na súa procura, vai coñecendo os diferentes insectos e animais que habitan o xardín. Este contacontos está baseado na tradición popular pola que se cría que ao cantarlle ás maruxiñas, estas voaban.

Inventi Teatro tomará a remuda o 10 de marzo con A libraría máxica. Ese día, os cativos e cativas do CEP Plurilingüe Pilar Maestú Sierra e de terceiro de primaria do CEP Plurilingüe Salustiano Rey Eiras gozarán desta función ambientada nunha librería que conta cunha proposta de lectura para cada persoa e ocasión. E iso é algo que se debe aos dous simpáticos libreiros que rexentan o negocio. Trátase dunha divertida peza que rende homenaxe ao pequeno comercio e ás tendas de barrio e co que se transmitirá aos rapaces o amor pola literatura e a lingua galega.

O día 12 de marzo será a quenda de Teatro Ghazafelhos con Travesía Unicornio. Ese día, a rapazada da EEI Fernández Varela e 1º e 2º de primaria do CEP Plurilingüe Salustiano Rey Eiras poderá escoitar a historia de como un neno e o seu unicornio atopan cunha xenia que lles promete facer realidade os seus desexos, sempre que aprendan a escoitarse, aceptarse e respectar tamén os das demais persoas. A través do humor, Travesía Unicornio cambia os roles tradicionais de xénero e abre a porta a que os nenos e nenas decidan libremente sobre os seus gustos.

Ao día seguinte, Raquel Queizás e o seu Cinema de historias da man de Alice Guy será a encargada de pór o broche final á Mostra de Teatro Escolar o 13 de marzo. A obra interpretarase para os estudantes de 4º, 5º e 6º do CEP Plurilingüe Salustiano Rey Eiras. Mesturando a narración co teatro e o cinema, esta representación procurará transmitir aos nenos e nenas a paixón pola sétima arte. En concreto, será Alice Guy, considerada a nai do cinema, quen esperte a curiosidade dos alumnos. A obra buscará dar a coñecer a traxectoria desta muller, a primeira persoa en dirixir unha película de ficción contando unha historia.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.