O CEIP Ramón de Artaza de Muros celebra 50 anos de ensino público “con valores e espíritu crítico”

01 Febreiro 2026

O CEIP Ramón de Artaza y Malvárez organizou este sábado, 31 de xaneiro, unha xornada festiva para celebrar o 50 aniversario do centro educativo, á que asistiron centos de persoas, entre o alumnado presente e ex-alumnado, profesorado, veciños e representantes institucionais do Concello, da Corporación local e da Consellería de Educación.

Os actos comezaron cun espectáculo infantil a cargo do Mago Paco e a actuación sorpresa de Samuel, Xaquín e Xanma, ex alumnos do Ramón de Artaza e membros de The Rapants.

No acto central, A Nosa Historia, interviron Aurora Rey Lago, actual directora do centro; Margarita Novo Malvárez, profesora titular de Historia de Arte na Universitat de les Illes Balears e alumna da 1ª promoción; J. Miguel Blanco Fernández, mestre e antigo director do centro; Judit Fernández, directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Xunta, e María Lago Lestón, alcaldesa do Concello de Muros e antiga alumna do centro.

Na súa intervención, María Lago destacou “a importancia de loitar polo ensino público e pola igualdade de oportunidades para todos os nenos e nenas”, lembrando anécdotas da súa etapa como alumna: “A riada do 94, as clases de ximnasia ou as excursións”.

Aurora Rey asegurou que o gran obxectivo do centro nestes 50 anos “foi e segue sendo formar persoas con valores e espírito crítico”, mentres que Margarita Novo repasou a traxectoria do escritor e académico de Muros Ramón de Artaza Malvárez.

Miguel Blanco falou da súa etapa de 20 anos como director do centro, “cando tiñamos un comedor para 1.000 alumnos e chegaron as novas tecnoloxías”, e Judit Fernández felicitou “á comunidade educativa do Ramón de Artaza, un exemplo de calidade no ensino”.

Posteriormente, Moncho, neto de Ramón de Artaza, descubriu unha placa conmemorativa e todos os asistentes desfrutaron dun aperitivo de confraternidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.