Coincidindo co trinta aniversario do inicio da súa carreira profesional, o prestixioso cantautor Tontxu estará o vindeiro sábado 7 de marzo ás 22hs , na Pousada da Galiza Imaxinaria (Boiro) achegando un concerto íntimo e en formato acústico, no marco da súa xira 30 años.
Trátase, segundo informou o establecemento boirense, “dunha viaxe a través das súas composicións máis emblemáticas, cancións que son refuxio para moito almas que aman e valoran a poesía e a boa música, temas que nos acompañaron nalgún momento da nosa vida, e que lembraremos xunto a el nun formato acústico, próximo e íntimo”.
En palabras do propio cantautor, “este concerto será unha volta á esencia do primario: á miña voz, á miña guitarra e ás miñas cancións”.
Tontxu, de nome real Juan Antonio Ipiña, é un cantautor de Bilbao. Actualmente, a súa carreira vive unha etapa de madurez celebrando 30 anos de traxectoria profesional con concertos íntimos programados entre 2025 e 2026.




