O BNG de Padrón esixe ao alcalde unha solución urxente para garantir a continuidade da Escola Infantil

12 Febreiro 2026

O BNG de Padrón, a través da súa portavoz Beatriz Rei, emitiu un comunicado no que urxe ao Goberno municipal presidido por Anxo Rei a solucionar a situación en que se atopa a Escola Infantil e buscar novas vías para garantir o servizo ás familias de Padrón.

Explican que “a situación que atravesa Padrón con respecto á escola infantil dá mostra dunha xestión delirante que non sabemos a que intereses responde mais si que a conclusión é o desmantelamento dun servizo básico para a veciñanza”, explica a nacionalista Beatriz Rei. Cualifican de “difícil” a situación na que o Goberno local está a poñer á empresa que xestiona a Escola Infantil “con presións e a demora dos pagos”, o que provoca, segundo a edil do BNG, “a súa asfixia que pode levar a determinacións como decretar a quebra ou pechar a escola, o que deixaría a Padrón sen servizo”.

No comunicado sinalan que “neste momento, estase a poñer en perigo a única escola infantil existente en todo o concello que é a de Carcacía, trasladada alí, de maneira provisional, en 2023 por decisión do Goberno municipal alegando deficiencias nas condicións do inmóbel do centro urbano; e agora, tres anos despois, a temporalidade semella facerse fixeza o que obrigou ás familias a desprazarse ou mesmo a mudar a outras escolas municipais de concellos próximos”, apuntan, engadindo que “ese paso supuxo xa unha merma no servizo xa que moitas familias optaron por levar as súas crianzas a outros centros da contorna, Cesures, Valga, Dodro ou Rois;  o que é inaudito nun concello como Padrón pero, mesmo vendo que isto pasaba, o alcalde continúa sen buscar unha solución tres anos despois e mesmo complica aínda máis a situación”, explica Bea Rei.

“Esiximos unha solución inmediata. Non se pode demorar máis porque o peche pode ser inminente. O concello ten que saldar a débeda coa empresa e buscar novas vías para garantir o servizo ás familias. Non só non sabemos nada da escola infantil prometida polo alcalde no centro urbano senón que esta saída que ía ser temporal converteuse en permanente e, por riba, abocada ao peche”, denuncia Beatriz Rei.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.