O alumnado do Programa Integrado de Emprego de Boiro fórmase en peixaría e charcutaría

12 Febreiro 2026

O alumnado participante no Programa Integrado de Emprego 2025/2026 impulsado polos Concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra rematou a formación en peixaría e charcutaría.

Na formación de charcutaría participaron 15 alumnos e alumnas que recibiron formación en técnicas de manipulación, corte de pezas, presentación para a comercialización e técnicas de procesado e conservación.

Durante 15 horas formativas adquiriron os coñecementos propios para o emprego de maquinaria de cortafriames, manipulación de produto e seguridade e hixiene alimentaria.

No curso de preparación de peixes e mariscos participaron 14 persoas que recibiron formación en técnicas para a manipulación, corte e preparación de produtos pesqueiros.

Durante 40 horas formativas adquiriron coñecementos fundamentais na selección de peixes frescos, técnicas de despece e fileteado, así como na identificación da calidade e da frescura, e tamén nos estándares de calidade alimentaria.

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Boiro 2025/2026 realízase en colaboración cos concellos de Rianxo e A Pobra e está subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.

Participan nesta formación 100 persoas desempregadas da comarca que, durante 12 meses, reciben formación específica acorde aos sectores produtivos da zona así como xornadas destinadas á mellora das habilidades de empregabilidade e inserción laboral.

Segundo informou o Concello de Boiro, “este programa basease nunha metodoloxía innovadora onde as persoas usuarias son protagonistas da súa propia transición profesional con formación innovadora, emprego de tecnoloxías e plataformas dixitais, colaboración directa con empresas e adaptación do programa a necesidades locais e sectores da comarca”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...