Novos números impresos do mensual de “O Barbanza” dedicados o Entroido

12 Febreiro 2026

Como cada mes sae un novo número, da nosa publicación mensual “O Barbanza”  correspondente o mes de febreiro.

Estas edicións, as números 83- e a 84, están xa en distribución de balde en toda a comarca, trae unha ampla axenda das actividades sobre os actos nos concellos da comarca, dedicando especial información o Entroido.

Coma sempre o turismo, a cultura, a historia con reportaxes sobre a tradición do Entroido 2026, recollendo a ampla programación que combina concursos de disfraces, desfiles de carrozas, festas infantís e enterros festivos en Porto do Son, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Noia, Boiro, Muros, Rianxo, Santiago, Outes, Dodro, Padrón e Rois.

Como é habitual, a publicaicón ten unha tirada de 7.000 exemplares e aumenta a súa paxinación e amais do seu formato físico pode descargarse en pdf desde o enlace: “O Barbanza” ou ben leelo nas distintas plataformas como pc, tablet e móbiles.

Invitarvos a seguirnos a diario en “www.obarbanza.gal“, onde continúan a aumentar os nosos letores que no último mes superaron a media de 4.100 usuarios únicos/día e que seguen a actualidade da comarca as 24 horas, con xornadas que superan os 5.800 usuarios/día. Podedes seguirnos a través de facebook e X.

Coma sempre xa sabedes que podedes mandarnos as vosas opinións, informacións, denuncias e convocatorias.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.