Noia achega unha “finde” de teatro e cinema con “Un deus salvaxe” e “Ciudad sin sueño”

03 Febreiro 2026

Esta fin de semana Noia albergará dúas importantes citas culturais: a proxección de Ciudad sin sueño, de Guillermo Galoe, ambientada na Cañada Real, e a representación da obra teatral Un deus salvaxe, de Yasmina Reza, nunha nova versión de Talía Teatro.

Escrita por Yasmina Reza, Un deus salvaxe a obra ponnos na pel de dous matrimonios, adultos e civilizados, que teñen un encontro para resolver un incidente protagonizado polos seus fillos pequenos: un deles partiulle dous dentes ao outro nunha pelexa no parque. Nada que uns pais civilizados non poidan resolver. Con este argumento, Yasmina Reza compón unha sátira da sociedade contemporánea e debulla con humor as relacións de parella, a educación, a competitividade,… pero, sobre todo, o exceso de corrección política.

As entradas están xa á venda. A cita será este sábado 7 de febreiro ás 20.30 horas, no Coliseo Noela.

Talía Teatro presenta esta obra de Yasmina Reza, unha comedia ácida e intelixente sobre as relacións humanas, dirixida por Artur Trillo e interpretada por María Ordóñez, Dani Trillo, Marta Lado e Toño Casais.

Polo que se refire a Ciudad sin dueño, proxectarase este domingo 8 de febreiro no Noela ás 18.30 horas. As entradas xa están á venda (catro euros máis gastos de xestión).

Trátase dunha película de Guillermo Galoe, recoñecida en festivais internacionais, que nos achega unha historia dura e profundamente humana rodada na Cañada Real. A proxección contará con presentación e coloquio a cargo de Marina García, produtora.

Ciudad sin dueño cóntanos a historia de Toni, un mozo xitano de 15 anos que vive no asentamento irregular máis grande de Europa, nos arredores de Madrid. Orgulloso de pertencer a unha familia de quincalleiros, segue ao seu avó a todas partes. Pero as derribas achéganse á súa parcela e o seu avó négase a marcharse, sexa cal for o sacrificio. En escuras noites sen electricidade, mentres as lendas da súa infancia cobran vida, Toni debe elixir: enfrontarse a un futuro incerto ou aferrarse a un mundo que se desvanece.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.