“Na fronte uha estrela, no bico un cantar: Rosalía vive”. Antón Luaces

23 Febreiro 2026

Conxo, en Santiago de Compostela, tivo na súa pradaría vai 189 anos a satisfacción de poder acubillar os primeiros choros da muller que, máis tarde, sería quen de facer cunha estrela na fronte e un cantar no bico, que cada galego mirase cara a Casa da Matanza, en Padrón, para se sentir máis galego e levar, máis tarde, esa súa galeguidade herdada ao silencio maxestoso do Panteón de Galegos Ilustres onde os restos da galega de Compostela repousan cabo dos de Castelao, Alfredo Brañas, Ramón Cabanillas, Francisco Asorey e Domingo Fontán. 

Rosalía, sempre tan apegada ao Sar e as campás de Bastabales, é un gromo máis da pedra que ecoa en San Domingos de Bonaval no val do Sar, unha negra sombra á que os galegos  cantamos  decote para memoria inmorrente de todos os que foron sen dejxar de ser, a voz dos que non abandoan e cuxos cantares marcan un  fito cara ó reencontro amoroso, social, intimista e comprometido, orgullosos cos e dos seus nese sempre baixar rumoroso cara a onde se atopar con Gala, Ovidio e Adriano Murguía, os fillos que, con outros, foron abeirando os Cantares Gallegos nese formar parte do Renacemento galego que non todos os nados na Galicia souberon entender e amar, ao igual ca outros nen sequera permitiron as queixas da poeta por unha emigración que castigou ás familias e á terra.

Outros artigos

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Plumas y plumas” – Manuel Domínguez

“Plumas y plumas” – Manuel Domínguez

Me duele lo que escribo. Tal vez difícil de entender. Hay dos tipos de plumas, las plumas biológicas y las plumas de escritura. Las plumas biológicas, las hay de Pavo Real y de buitre carroñero. La pluma estilográfica es, didáctica, limpia y clara, un verbo...

“Manipula, que algo queda”. Antón Luaces

“Manipula, que algo queda”. Antón Luaces

Agora que se fala na UE da "guerra híbrida" protagonizada por Rusia en contra de Alemaña, o que levou á propia Unión Europea a empregar ese calificativo para condenar a mistura de ciberataques, sabotaxes económicas, presións diplomáticas e campañas masivas de ...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.