Mércores 4, con choivas e vento nas Rías Baixas e Santiago

03 Febreiro 2026

Galicia quedará este mércores 4, baixo a influencia da borrasca Leonardo situada entre as Azores e Portugal, que deixará un panorama de tempo invernal e húmido, especialmente no sur e no centro do país.

Nas Rías Baixas agárdanse precipitacións persistentes durante boa parte da xornada, con momentos de maior intensidade nas primeiras horas da tarde. En Santiago de Compostela, o ceo estará parcialmente cuberto e non se descartan chuvias intermitentes, que tenderán a remitir cara á noite.

As temperaturas subirán lixeiramente, sobre todo nas mínimas, mentres que o vento soprará con forza do oeste-suroeste, deixando sensación térmica máis baixa nas zonas costeiras. Na Mariña Oriental, pola súa banda, as chuvias serán máis escasas e de carácter disperso.

Seguiremos na xornada do xoves influenciados pola borrasca Leonardo.

meteogalicia

O noso mar: Vento do oeste á mañá, do sudoeste á tarde e do sur á noite, forza 4 a 6 á mañá, 5 a 6 á tarde e 4 a 5 á noite. Forte marusía. Visibilidade regular á mañá e á tarde e mala á noite. Mar de fondo do oeste, con ondas de 2 a 3 metros á mañá, 2.5 a 3.5 metros á tarde e 3 a 4 metros á noite.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Blindar a vivenda” – José Manuel Pena

“Blindar a vivenda” – José Manuel Pena

Está moi ben tratar de blindar na Constitución Española, que todas as pensións (de xubilación, invalidez, viuvez, en favor de familiares,…) se revaloricen, anualmente, segundo o Índice de Prezos ao Consumo; que se incremente, anualmente, o Salario Mínimo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.