María Sampedro solicita ao subdelegado do Goberno reforzo policial para as celebracións do Entroido en Ribeira

10 Febreiro 2026
Comisaría da Policía Nacional en Ribeira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, remitiu unha solicitude ao subdelegado do Goberno, Julio Abalde, na que expresa a necesidade de que os efectivos policiais se vexan incrementados durante as celebracións nocturnas do Entroido.

“Nunhas datas festivas nas que se incrementa moito o número de persoas na rúa, sumado á problemática actual coa sensación de inseguridade na cidadanía, lévanos a ter que solicitar de eito inmediato xa un reforzo no dispositivo para as datas fortes do Entroido. É unha cuestión de prevención ante os feitos que se veñen sucedendo nas últimas datas e agardo a colaboración da Subdelegación do Goberno”, apuntou Sampedro.

Esta solicitude refírese a contar cunha segunda patrulla ou dispositivos preventivos de vixilancia da Policía Nacional e controis específicos nas noites dos sábado 14 e o luns 16 de febreiro, coincidindo cos días de maior afluencia nocturna.

Unha demanda que, asegura Sampedro, será exixida de xeito ordinario e atendendo a criterios obxectivos na vindeira Xunta de Seguridade Local, “non imos escatimar esforzos en solicitar máis medios alí onde faga falta”.

Para realizar unha proposta que conte con todo eses datos, Sampedro manterá este mércores 11 de febreiro unha xuntanza co SUP -Sindicato Unificado de Policía- na que se interesará pola situación actual do cadro de persoal e as necesidades de todo os axentes que se atopan traballando de xeito activo.

A alcaldesa tamén se interesou polo estado de saúde dos catro policías que causaron baixa na persecución que se levou a cabo na parroquia de Artes.

Por último, Sampedro trasladou tamén as instrucións dadas no mesmo sentido ao Xefe da Policía Local, que ven incrementando os efectivos desde a pasada fin de semana, a quen trasladou a necesidade de coordinar exhaustivamente o traballo co CNP.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.