Mar inicia a rolda de visitas aos bancos marisqueiros afectados polos temporais

20 Febreiro 2026

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, realizou este venres 20 de febreiro unha visita aos bancos marisqueiros das confrarías da Illa de Arousa, Vilanova de Arousa e Vilaxoán para analizar co sector o impacto dos temporais das últimas semanas sobre os recursos e a actividade extractiva.

Na visita participou tamén a directora territorial da Consellería do Mar, Elena Suárez, así como os biólogos da zona, que están a realizar o seguimento técnico da evolución dos bancos marisqueiros afectados polos episodios de forte choiva e polos descensos de salinidade rexistrados nas últimas semanas.

Esta visita enmárcase na rolda de contactos e desprazamentos ao territorio impulsada pola Consellería do Mar co obxectivo, sinala, “de coñecer de primeira man a situación específica de cada ría e de cada zona produtiva, avaliar o estado dos bancos marisqueiros e contrastar cos profesionais do sector as afeccións derivadas da elevada pluviometría”.

Durante o encontro, a directora xeral dixo que “a Xunta está a manter un seguimento continuo da evolución dos bancos marisqueiros a través do Observatorio Costeiro, que conta cunha rede de estacións de control que permiten monitorizar parámetros clave como a salinidade, a temperatura ou o pH da auga, fundamentais para avaliar a viabilidade do recurso”.

A directora xeral engadiu tamén que “a prioridade da Administración autonómica é dispoñer de datos técnicos contrastados que permitan realizar unha valoración rigorosa da situación co fin de estudar, en diálogo co sector, as medidas máis axeitadas para apoiar a actividade marisqueira e contribuír á súa recuperación”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.