Luís Pérez Barral destaca en Oleiros o compromiso do BNG coa mellora das parroquias

06 Febreiro 2026

O Bloque Nacionalista Galego de Ribeira segue desenvolvendo en todos os recantos do termo municipal o programa participativo Parroquias con Voz, un programa de encontros coas veciñas e veciños das parroquias para recoller directamente as súas propostas, prioridades e demandas. Trátase dunha iniciativa que, segundo lembra o BNG, “está a ser moi ben valorada pola poboación xa que permite a participación directa nas decisións que se adoptan no Concello de Ribeira”.

Esta semana o BNG estivo na parroquia de Oleiros, nun encontro no que participou o ex-alcalde e portavoz da formación, Luís Pérez Barral, xunto co responsábel local do BNG, Rafa Pazos, e as concelleiras Cruz Rivadulla, Antía Alberte e Veva Betanzos.

Durante a xuntanza Pérez Barral, acompañou ás persoas asistentes nun percorrido polos principais investimentos que a formación nacionalista impulsou durante a súa etapa no goberno local para mellorar servizos básicos e equipamentos públicos.

Pérez Barral destacou que “se investiron 545.000 euros para reforzar servizos básicos e mellorar a calidade de vida da veciñanza de Oleiros”, entre os que salientou “o saneamento e melloras na seguridade viaria e accesibilidade na zona da Gándara con 100.000€, pavimentación da estrada nos Muíños por 81.000€ ou as actuacións no campo da Trinidade, que incluíron a renovación das luces por sistema LED e a creación de novos vestiarios cun orzamentos total de 165.000€”.

Ademais, o ex-alcalde repasou as actuacións co proxecto e partida orzamentaria xa aprobados para 2026, que tamén mellorarán a vida na parroquia de Oleiros: como é a pavimentación dun ramal nos Muíños por 54.000€, o saneamento en Xenxides por 54.000€ ou a dotación de saneamento e pavimentación nos Muíños por 89.000€.

“Dotar ás nosas parroquias de servizos públicos de calidade é unha necesidade para garantir que o rural non quede atrás; estes investimentos son o resultado de escoitar á veciñanza e priorizar as súa demandas, algo que non pasaba antes”, subliñou Pérez Barral.

Ademais, Luís Pérez Barral dixo que o BNG “foi quen de mobilizar 5,5 millóns de euros para ampliar servizos básicos e espazos públicos nas parroquias e deixando consignados outros 1,5 millóns para actuacións que se van desenvolver neste ano 2026”.

“Consignamos nas parroquias”, engadiu, “cifras históricas chegando a un total de 7 millóns de euros, e todo a pesar da complexa situación económica herdada do anterior goberno do Partido Popular”. O portavoz nacionalista subliñou que “nós chegamos ao Concello tendo que facer fronte a unha débeda pública de 13 millóns de euros que lastra a Ribeira, mentres que a nós botáronnos e deixamos 6,5 millóns de euros en fondos europeos para mellorar a vida da veciñanza”.

Pola súa banda, a veciñanza trasladoulle ao portavoz e ás concelleiras do BNG diversas demandas que consideran prioritarias, como “a implantación de medidas de calmado de tráfico, a mellora da iluminación pública en diferentes puntos da parroquia e a necesidade de seguir ampliando a rede de saneamento e auga para consumo doméstico para dar resposta ás necesidades actuais e futuras”.

Luís Pérez Barral concluíu a xuntanza comprometéndose a “seguir traballando en defensa dos intereses da veciñanza fronte aos intereses particulares do Goberno local, así como a continuar presentando propostas positivas que permitan que as veciñas e veciños do rural de Ribeira gañen calidade de vida e accedan a servizos públicos de calidade en igualdade de condicións”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

Hace tres semanas fue publicado el muy simpar catálogo REGALADE que enumera y da distancias y medidas de ochenta millones de galaxias en el cosmos observable. Distan hasta seis mil millones de años luz, y permite que los astrónomos identifiquen muchas más galaxias y...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.