O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, veñen de manter unha xuntanza de traballo para abordar diferentes asuntos de intereses para Rianxo.
En concreto, departiron sobre actuacións necesarias a curto prazo, mais tamén de importantes proxectos nos que o Concello leva moito tempo traballando e que, en palabras do rexedor, “están chamados a transformar radicalmente o Rianxo que coñecemos”.
O alcalde agradeceu ao presidente Rueda a súa predisposición a avanzar nos asuntos tratados. “Cando as administracións colaboran, con diálogo sincero e lealdade, quen gaña son os veciños e as veciñas”, sinalou Bustelo. Segundo trasladou o rexedor, trátase de iniciativas clave para mellorar servizos, infraestruturas e calidade de vida da veciñanza.
A sesión de traballo tamén serviu para fortalecer a cooperación institucional entre ambas administracións. O alcalde agradeceu ao presidente Rueda a súa “predisposición a avanzar nos asuntos tratados” e puxo en valor a importancia do diálogo e da lealdade institucional.




