“Intervento” adxudícase a nova iluminación da Catedral de Santiago

18 Febreiro 2026

O estudo Intervento resultou gañador do Concurso Internacional de Iluminación da Catedral de Santiago de Compostela, impoñéndose na fase final co seu anteproxecto “Hermes”. A resolución do xurado, adoptada o pasado 3 de febreiro e publicada na Plataforma de Contratación do Sector Público, permitirá ao estudo asumir a redacción do proxecto executivo e a dirección da obra piloto na Praza de Praterías.

A intervención en Praterías actuará como banco de probas para a futura implantación progresiva do novo sistema lumínico en todo o conxunto catedralicio, incluíndo as prazas do Obradoiro, Quintana e Inmaculada, así como os espazos de conexión entre elas.

O proxecto “Hermes” obtivo 95 puntos sobre 100, destacando en todos os criterios avaliados: calidade do deseño lumínico, viabilidade técnica e económica, eficiencia enerxética, protección ambiental e innovación tecnolóxica. O xurado subliñou a claridade do deseño, a xerarquización da luz mediante gradientes e contrastes, e o uso intelixente da penumbra para realzar a arquitectura sen distorsionala.

Un dos aspectos decisivos foi a mínima intervención sobre o patrimonio: a proposta de Intervento é a única que garante a iluminación ornamental do conxunto sen instalar novos elementos sobre as cubertas de pedra recentemente rehabilitadas, preservando así a integridade do Ben de Interese Cultural.

En materia técnica e económica, o proxecto destaca pola precisión dos cálculos, a selección de luminarias de distintas marcas —que facilita o mantemento a longo prazo— e un orzamento considerado axustado e viable. Ademais, prevé un aforro enerxético do 68 %

Outros artigos

A ABE lanza a campaña Black Friday Local: Grazas por estar aí

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) pon en marcha hoxe luns, 23 de novembro, a campaña Black Friday Local – Grazas por estar aí, unha iniciativa coa que se quere aproveitar esta semana para "agradecer a confianza das persoas que apoian as empresas de Boiro" e...

+

As farmacias de Noia súmanse á campaña de Noia polo 25N

As farmacias de Noia sumáronse estes días á campaña Noia di NON á violencia de xénero, encadrada na axenda do CIM e o Concello de Noia para celebrar e visibilizar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, este 25 de novembro. Segundo...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“22 de noviembre de 1963” – Manuel Domínguez

“22 de noviembre de 1963” – Manuel Domínguez

22 de noviembre 1963. Esa tarde estaba escuchando la radio, de joven muy aficionado a ello. Sobre las 09,30 de la tarde la radio da la noticia, el presidente Kennedy ha muerto. Para un jovencito de corta edad ¿Qué importancia pudiera tener esta noticia? El NO-DO, que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.