Fogo Fatuo organiza este sábado o seu Pasabares do Entroido

05 Febreiro 2026

O Entroido de Rianxo comeza o seu programa grande de actividades este sábado 7 de febreiro, co Pasabares de Entroido que se celebrará na contorna da Martela a partir das 20.00 horas. Trátase dunha actividade organizada pola Asociación Fogo Fatuo, entidade local centrada en reivindicar e manter viva o baile, a música e a cultura tradicional da nosa terra.

O Pasabares é un convite a desfrutar un Entroido tradicional con disfraces e música (de feito anímase á veciñanza a acudir ataviada para a ocasión con cadanseu instrumento).

Fogo Fatuo é unha asociación sociocultural para a promoción da cultura tradicional galega. Foi creada en 2008 e ten a súa sede no 23 da rúa Hospital de Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.