Fin de semana con tempo seco soleado e temperaturas primaverais

20 Febreiro 2026

Durante o sábado 21, San Severino e San Damián, o país permanecerá baixo a influencia dun anticiclón, con tempo seco, néboas no interior e temperaturas máximas con valores claramente primaverais en moitos puntos.

Prevese unha xornada moi estábel, dominada polas altas presións, sen paso de frentes activos. Agárdanse néboas matinais localmente persistentes en comarcas do interior, mentres que no resto do país os ceos estarán moi abertos, con nubes altas como única nota de nubosidade.

As temperaturas mínimas non experimentarán cambios significativos, mantendo ambiente frío nas primeiras horas do día. Pola contra, as máximas estarán en moderado ascenso e acadarán valores primaverais en amplas zonas, con rexistros por riba dos 15 graos e mesmo superiores aos 20 graos no interior sur de Galicia.

O vento soprará frouxo do suroeste durante boa parte da xornada. Co avance do día, está previsto que vaia rolando a compoñente norte, especialmente na fachada atlántica e nas últimas horas do sábado.

Meteogalicia

O noso mar: Vento variable á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 1 a 2 á mañá e á noite e 1 a 3 á tarde. Mar rizado á mañá e á noite e mar ovellado á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2.5 a 3.5 metros á mañá e 2 a 3 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.