“Felipe González, expresidente do Goberno, reclama autocrítica no PSOE” – Antón Luaces

10 Febreiro 2026

Foi, Felipe González, un presidente español querido e odiado ao mesmo tempo que, nos últimos anos semella ter mudado a súa afición polos bonsais pola crítica permanente ao actual presidente socialista español Pedro Sánchez, compañeiro de partido ao que culpa da falta total de autocrítica no seo do PSOE após as derrotas electorais sufridas polo socialismo en España. Felipe González anunciou o luns en Madrid que o seu voto nas vindeiras eleccións xerais será en branco e que non renuncjará á súa militancia socialista.  

A estas alturas semella, a de González, unha confesión estéril nese seu intento de corrixir a andaina positiva de Sánchez -positiva malia os moitos atrancos xurdidos nos seus mandados e cun goberno obrigado a pactos permanentes- que é un falar por non estar calado tentando, non sei por que, ir da man da oposición na procura dunha confrontación que, politicamente, xa non lle corresponde a el senón aos que neste intre levan o leme do partido. 

Para González pasou o tempo de pontificar. As súas opinións hai moito tempo que non interesan

ao electorado español de esquerdas, que ve na súa figura actual ao contraditorio primeiro ministro español que, definitivamente, non se opuxo á entrada de España na OTAN ende ben soubo abrir as portas das grandes empresas para, xunto con José María Aznar, manter un status persoal e social que non todos os expresidentes teñen.

Autocrítica no PSOE?. É Felipe González o político máis axeitado para erguer agora esa bandeira?. Canto calou -e aínda cala- o socialismo por el capitaneado en España?. 

Certamente, o falar non ten cancelas. Ou mellor, en boca pechada non entran moscas.

Por que non se limita a exercer como xubilado ben pagado e deixa que goberne aquel que deciden as Cortes polo voto dos españois?.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.