En Noia proseguen na Barquiña, Orro e Eiroa os traballos de limpeza e acondicionamento

05 Febreiro 2026

Esta semana proseguiu o traballo das brigadas municipais de Noia en materia de posta a punto dos núcleos do concello. Desta volta as actuacións concentráronse na Barquiña, Orro e Eiroa. Estes traballos encádranse no programa Limpamos Noia, dirixido á limpeza integral dos espazos públicos, actuando sobre rúas, beirarrúas, zonas verdes e puntos de especial uso, mellorando así a imaxe urbana e o benestar da veciñanza.

Ademais, nas últimas semanas tamén se estivo actuando noutras áreas do concello: Taramancos, a rúa de Galicia e a praza anexa.

“Desde o Concello seguimos comprometidos cunha Noia máis limpa, coidada e agradable para todas e todos” informou o Concello, engadindo que a veciñanza interesada en coñecer esta actividade municipal pode premer na ligazón habilitada e sumarse á comunidade de Noia no Whatsapp.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.