En Muros a brigada municipal de obras limpa as rúas do centro histórico e a rede local de estradas

12 Febreiro 2026

O Concello de Muros está a desenvolver estes días tarefas de limpeza e mantemento no casco histórico, levadas a cabo pola brigada de obras do Concello cola colaboración do grupo de emerxencias GES. O obxectivo é garantir a seguridade e limpeza dos enlousados e empedrados cubertos de capa vexetal por mor do exceso de humidade: “Este inverno tan chuvioso fixo que se acumule verdello na pedra, polo que para evitar o risco de caídas estase a facer a limpeza”, informou o Concello, engadindo que os traballos concentráronse nas rúas Don Diego, Florida, Canavala, Xixón, Anxo, Rosal, A Saúde ou a praza de Pescadería. Este xoves 12 de febreiro continuarán as tarefas nas rúas e prazas lindeiras.

O Concello tamén fixo saber que a brigada de obras deu continuidade aos traballos de mantemento na rede de estradas e camiños municipais. Esta semana actuouse en varias zonas, incluída a parroquia de Tal (na imaxe). “É necesario limpar as cunetas dos camiños, xa que se acumula nelas moita vexetación polos sucesivos temporais”, explica a concelleira de Obras, Laura Rivadeneira. Estes traballos continuarán nas próximas semanas por todo o termo municipal.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.