Diversos Podcast da Asociación Ambar destaca como finalista nos Premios Youtubeiras

09 Febreiro 2026


A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, entidade inclusiva do Barbanza, quedou finalista co seu Diversos Podcast nos Premios Youtubeiras, que recoñecen os mellores contidos web en galego. A gala, celebrada no Teatro Jofre de Ferrol, recoñeceu a calidade e a innovación na creación de contido dixital na nosa lingua.

O equipo de Diversos Podcast da Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional celebra o seu paso pola gala de entrega dos Premios Youtubeiras, celebrada recentemente na cidade de Ferrol. O proxecto foi seleccionado como finalista na categoría de Podcast, consolidándose como unha das propostas de referencia no panorama da comunicación dixital en Galicia.

A gala de entrega de premios serviu como punto de encontro para os creadores máis destacados da nosa terra nunha xornada marcada polo talento, a retranca e a reivindicación do galego como lingua de creación de vangarda.

Dende Diversos Podcast quixeron agradecer publicamente o labor da organización de Youtubeiras por dar visibilidade ós novos formatos e, de xeito moi especial, á súa audiencia.

“Aínda estamos cas emocións a flor de pel. Estar nomeados entre tanto talento é un premio en si mesmo. Grazas a todas as persoas que nos acompañan en cada episodio e que fan que este proxecto medre día a día”, sinalan dende a produción do espazo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.