“Diplomacia, moralidade ou caer da burra?” – Antón Luaces

07 Febreiro 2026

O bloqueo petroleiro contra Cuba foi condenado pola Organización das Nacións Unidas (ONU). Ao mesmo tempo, este organismo internacional anunciou o despregamento de axuda humanitaria tendente a paliar a crise enerxética e alimentaria que, por tal medida coercitiva, agudiza a situación na illa caribeña.

A resolución da ONU condenou explicitamente, en sesión de urxencia, o bloqueo á subministración de combustible a Cuba. Coida a ONU que se trata dunha violación ao Dereito Internacional e unha ameaza ao benestar humano.

Deste xeito procederase a activar unha ponte humanitaria coordinada por axencias da ONU para garantir o envío de medicamentos, alimentos e recursos esenciais.

Salientou o Secretario Xeral que “asfixiar enerxeticamente a un país é unha maneira de castigo colectivo incompatíbel coa Carta das Nacións Unidas”.

 Esta resolución chega após a orde executiva de Donald Trump (do 29 de xaneiro pasado) que declaraba unha “emerxencia nacional” co obxecto de impoñer sancións a quen venda petróleo a Cuba. A medida foi denunciada por este país coma un “acto de guerra económica” e foi rexeitada por Rusia, Vietnam, China, México e outros moitos países.

Ven ser esta a primeira vez  que a ONU condena especificamente o bloqueo enerxético coma a unha violación separada do bloqueo económico xeral  , sentando un precedente xurídico internacional, representando un apoio abrumador á soberanía cubana e un rexeitamento global á política de máxima presión  de EUA.

O chanceler cubano Bruno Rodríguez, presente na sesión, afirmou que “esta votación non é  só un trunfo diplomático: é un tributo á resistencia do noso pobo e unha reivindicación  de que o mundo non aceptará que se use a fame e a escuridade coma armas de política exterior”.

A resolución non é vinculante, pero exerce unha forte presión política e moral. Dáse como moi probable que o Consello de Seguridade discuta a ilegalidade das sancións extraterritoriais, e que a axuda humanitaria comece a chegar nos vindeiros días a través de corredores verdes protexidos.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.