“Depredadores sexuais” – José Manuel Pena

19 Febreiro 2026

Moitas mulleres continúan sufrindo as consecuencias do machismo e o patriarcado. Como pode ser que algúns energúmenos oculten ou aplaudan os acosos sexuais ou violacións sobre as mulleres? Demasiados enxendros da natureza aínda non entenden de que o non é non, son depredadores sexuais que buscan ás vítimas máis propicias e indefensas. Son como asasinos en serie, nunca atopan o momento de parar coas súas atrocidades.

Non se libra ninguén, nin na política, nin nos centros de traballo, nin no funcionariado, nin entre os axentes da autoridade, nin no núcleo familiar, ningunha muller está libre de ser agredida, acosada, violada ou humillada por parte dun home que se cree co dereito para dar renda solta aos seus instintos máis primarios.

As vítimas son criminalizadas no canto de axudalas e protexelas. Os presuntos culpables, depredadores sexuais, son amparados por unha banda da sociedade e moito máis cando se trata dalgunha persoa importante, famosa, con poder mediático ou económico. Sempre se busca algunha xustificación do depredador para criminalizar á vítima e que se sinta humillada, deprimida e soa para que desista de exercer calquera tipo de acción legal.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.