CONGALSA adquire Lenger Seafoods Vietnam para impulsar a súa expansión internacional

28 Febreiro 2026

CONGALSA, grupo empresarial da Pobra especializado en produtos do mar conxelados e solucións de valor engadido para as canles retail e foodservice, formalizou a adquisición do 100% da compañía vietnamita Lenger Seafoods Vietnam Ltd. (LS Vietnam), con sede en Nam Dinh. A operación está actualmente pendente da obtención das autorizacións correspondentes por parte das autoridades vietnamitas e doutros stakeholders implicados, “polo que”, segundo explicou a firma da Pobra do Caramiñal con sede principal na Tomada, “non será efectiva ata a formalización definitiva das devanditas aprobacións”.

Con esta adquisición, CONGALSA fortalece a súa posición internacional no continente asiático e reforza a súa división industrial. Trátase dunha empresa especializada no procesamento e exportación de ameixa e outros produtos do mar, que destaca polo seu firme compromiso coa sustentabilidade, a rastrexabilidade e a excelencia produtiva. Cun volume anual de facturación superior aos 16 millóns de euros, LS Vietnam conta cun persoal que supera as 200 persoas. A operación supón un paso decisivo no posicionamento de CONGALSA dentro do segmento de produtos do mar de alto valor engadido. Isto é así porque a compañía vietnamita, fundada en 2006, dispón de acceso directo a fontes excepcionais de materia prima, o que garante unha subministración constante e estábel de ameixa premium.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.