Comeza en Ribeira a retirada de vehículos abandonados na contorna do Xulgado, impulsada polo Concello

26 Febreiro 2026

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, visitou este 26 de febreiro o concello de Ribeira con vistas a supervisar o inicio do proceso de retirada e destrución dos vehículos abandonados situados na contorna do Xulgado e na entrada da subida ao Parque Periurbano de San Roque. Trátase de vehículos que levaban máis de 30 anos neste emprazamento, froito de distintas operacións xudiciais, e que co paso do tempo acabaron converténdose nun foco de degradación e nunha imaxe de abandono e insalubridade “nun punto especialmente sensíbel de Santa Uxía tanto pola súa proximidade ás dependencias xudiciais e vivendas como por constituír a porta de acceso ao pulmón verde do municipio”, explicou o Concello, engadindo que para poder proceder á súa retirada viña sendo preciso acceder aos números de bastidor, algo que “resultaba imposíbel debido ao estado de maleza da parcela”.

Co obxectivo de “desbloquear definitivamente o procedemento”, o Concello de Ribeira procedeu á limpeza integral do terreo, permitindo así o acceso por parte da Garda Civil e da Dirección Xeral de Tráfico para a identificación dos vehículos.

Dende o Goberno local sinalaron que “este avance é tamén o resultado dun traballo que xa na anterior etapa municipal comezou a impulsar María Sampedro, daquela como concelleira, iniciando as xestións necesarias para desatascar unha situación que levaba décadas sen solución”.

Dende o Concello agradeceron expresamente a colaboración da Dirección Xeral de Xustiza e das distintas administracións implicadas, cuxa coordinación posibilitou que este proceso avance cara á súa resolución definitiva nos vindeiros días. O Goberno local reafirmou o seu “compromiso coa mellora do espazo público” e anunciou que “continuaremos traballando para que situacións de abandono e feísmo desaparezan do noso concello, dignificando os accesos urbanos e coidando a imaxe de Ribeira”.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.