Comeza a conta atrás para o XToSín Trail 2026: o 22 de febreiro

13 Febreiro 2026

Comezou a conta atrás para o XToSín Trail 2026, unha das grandes probas deportivas da tempada no concello de Porto do Son e no Barbanza. Coincidindo con esta conta atrás, a organización lembrou a apertura das inscricións: xa podemos anotarnos en calquera das modalidades ofrecidas, o Trail de 21K, o Trail de 15K e máis a Andaina de 15K.

Será, en palabras da organización, unha xornada de praias e bosques, mar e monte, sendeiros e camiños, “todo preparado para facernos desfrutar nun entorno único e máxico”.

Toda a información e a posibilidade de inscribirse en www.trailseries.run.

A cita será o 22 de febreiro.

Como dixemos, as persoas participantes poderán escoller entre dúas distancias: o trail longo de 21K e un desnivel de 980 metros ou o curto de 15K, cun desnivel de 750 metros. Ademais, tamén se realizará unha andaina de 15 quilómetros de percorrido.

Organizan Arousa Neo, Sachacamiños e o Concello de Porto do Son.

A saída será o porto pesqueiro de Portosín.

Para quen non o saiba o trail (ou trail running) é un deporte que consiste en correr por carreiros de montaña, pegadas, rastros ou camiños secundarios, a través de montañas, cerros e montes, cruzando arroios e ríos, con grandes subidas e abruptas baixadas, a diferenza do que ocorre nos maratóns e o sendeirismo.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.