“Cando o poder pesa máis que o país” – José Luis Calo

09 Febreiro 2026

O avance da extrema dereita en España non é un accidente nin un fenómeno inevitable. É, en boa parte, o resultado dunha ausencia consciente de estratexia política por parte dos principais partidos do país. Non porque non exista unha vía para freala, senón porque non interesa facelo. Durante os últimos anos, as grandes formacións estiveron máis ocupadas nos seus propios cálculos electorais que en construír un proxecto de país sólido, compartido e estable. En lugar de cooperar para defender os valores democráticos básicos, optaron por unha lóxica perversa: uns utilizan á extrema dereita para mobilizar o medo, e outros a necesitan como panca para chegar ao poder.

Como advertiu o Premio Nobel de Literatura José Saramago: “A democracia é un sistema que necesita ser defendido todos os días”. Esta frase debería ecoar en calquera sociedade que se prece de ser libre e plural. Un exemplo recente de que si existe unha alternativa atopámolo en Portugal, onde na segunda volta das eleccións presidenciais produciuse unha mobilización ampla do electorado para frear á extrema dereita. A unidade de votantes de centro, esquerda e mesmo sectores conservadores permitiu unha vitoria clara do candidato moderado fronte ao ultradereitista, demostrando que cando hai vontade política e responsabilidade democrática, o extremismo pode ser contido.

Esta dinámica converte á ultradereita nunha ferramenta política útil para ambos os bloques en España, en lugar de en unha ameaza que esixe unha resposta firme, coordinada e responsable. Rendibilízase a súa existencia no canto de neutralizala. E mentres tanto, o seu discurso normalízase, as súas propostas branquéanse e o seu espazo político alárgase.

Non estamos ante un fallo puntual, senón ante estratexias pechadas, cortoplacistas e profundamente irresponsables, que xa están a demostrar as súas consecuencias: polarización extrema, enfraquecemento institucional e desconfianza crecente na política. Cando os partidos renuncian a pensar en clave de país e só actúan en clave de poder, o resultado é sempre o mesmo: perde a democracia. Frear á extrema dereita non pasa só por confrontala en campaña, senón por gobernar mellor, con máis xustiza social, máis diálogo e máis coherencia democrática. Pasa por recuperar a política útil, a que resolve problemas reais e non fabrica inimigos imaxinarios. España necesita menos cálculo e máis responsabilidade. Porque cando o poder pesa máis que o país, ao final, é a extrema dereita a que acaba marcando o rumbo.

José Luis Calo é coordinador de UCIN Galicia.

Outros artigos

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

Decía Séneca que “errar es humano” y por tanto, si esto fuese así, uno podría concluir que “no errar será de no humanos”. Dos mil años después, esta premisa necesita una actualización y no porque haya dejado de ser cierta, sino porque ya empieza a haber quien, con...

+

“Tres aviones volando a Turquía” – José Castro López

En la cumbre de la OTAN de la semana pasada no sorprendieron las boutades del presidente americano que primero insultó a España -y a otros socios- y en el vuelo de vuelta se deshizo en elogios a nuestro país, no se sabe a cambio de qué. Tampoco fue sorpresa alguna la...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un galego na Casa Branca” – Lois Alcayde Dans

“Un galego na Casa Branca” – Lois Alcayde Dans

Cando as últimas eleccións americanas saíu nun xornal (dispensen vostedes que lles diga cal) unha pequena historia ao redor dun día cotián dun cidadán estadounidense nos bosques de Pennsylvania, na caza do pato. Naquelas fragas, con esa cor verde e esa humidade en...

“Memoria de sombra y bosque” – Xulio Xiz

“Memoria de sombra y bosque” – Xulio Xiz

Que responsabilidade vir presentar un libro inmenso, profundo, sensible, como esta nova obra de Fany Padullés, e que temor pola miña parte de non ter os coñecementos e, sobre todo, a sensibilidade precisa para presentar unha novela coma esta, que é coma un torpedo á...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.