Boiro reparte 4.600 euros en premios no seu tradicional concurso de disfraces e carrozas do Entroido 2026

21 Febreiro 2026

O Concello de Boiro celebrou este sábado o desfile e concurso de disfraces e carrozas que estaba previsto para o Martes de Entroido, pero que tivo que ser aprazado pola previsión meteorolóxica. Na entrega de premios participaron o alcalde, José Ramón Romero, a concelleira de Cultura, María Outeiral, así como representantes da Cruz Vermella de Boiro e de Peñas Boiro AC.

Na categoría de carrozas, o primeiro premio, dotado con 1.200 euros, foi para Dulce Fantasía; o segundo, con 800 euros, para Guardianes del dragón; e o terceiro, de 500 euros, para As galaicas da ría. Na modalidade de grupos, o primeiro premio (600 euros) recaeu en Aquelarre, o segundo (300 euros) en O máis churro, o terceiro (250 euros) en Quetzalcualt e o cuarto (200 euros) en Polis e cacos.

Na categoría individual/parellas, o primeiro premio, de 300 euros, foi para Embaixador; o segundo, de 200 euros, para Migromantes; o terceiro, de 150 euros, para Bella e bestia; e o cuarto, de 100 euros, para Cisnes. En total, o Concello repartiu 4.600 euros en premios entre todas as modalidades do certame.

O desfile contou coa animación musical de As da Boina e A Dorniña de Abanqueiro, e a festa continuou na Praza de Galicia co espectáculo de DJ Matrek. A listaxe detallada de premiados e as indicacións para o cobro dos galardóns están dispoñibles na páxina web municipal boiro.gal

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.