Belén do Campo e Francisco Pérez manteñen en Noia a súa primeira reunión institucional

19 Febreiro 2026

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, mantivo a primeira reunión institucional co alcalde de Noia, Francisco Pérez, tras o seu nomeamento, nun encontro no que abordaron as principais necesidades do municipio. Na sesión de traballo tamén participou o tenente de alcalde do Concello, Manuel Seijas.

Durante a xuntanza, o rexedor trasladoulle diversas peticións relacionadas coa mellora de infraestruturas viarias, o acondicionamento de estradas e pasos de peóns e a mellora de firmes.

A delegada comprometeuse a revisar as solicitudes e a analizar as necesidades xurdidas, especialmente as derivadas das inclemencias meteorolóxicas.

No encontro tamén se trataron demandas nos ámbitos educativo, social e sanitario, algunhas delas xa comprometidas tamén co anterior Goberno municipal.

Belén do Campo amosou a disposición do Goberno galego a colaborar co Concello para dar resposta ás prioridades do municipio.

A representante autonómica agradeceu, ademais, a vontade do Goberno local que continúe estando adherido ao convenio da Xunta para a prevención e defensa contra incendios mediante brigadas, motobombas e material mecanizado, ao tempo que recolleu novas demandas neste eido.

En relación con temas portuarios a delegada recolleu as súas propostas, xa tratadas co presidente de Portos de Galicia. Ademais, en relación coa dragaxe do Porto de Testal comprometeuse a facer un seguimento para que Costas do Estado autorice o punto de vertido de áridos.

Finalmente, Belén do Campo tomou nota da oferta de cesión, ao Instituto Galego de Vivenda e Solo, dunha parcela para a construción de vivendas protexidas, ao abeiro do acordo aprobado por unanimidade no pleno municipal.

A delegada destacou “a importancia da colaboración institucional co concello para avanzar en proxectos que redunden na mellora da calidade de vida da veciñanza de Noia”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.