Pérez Barral destacou en Castiñeiras a mellora servizos para a parroquia acadando 680.000€ de investimento

13 Febreiro 2026

A parroquia de Castiñeiras acolleu a última das reunións Parroquias con Voz desenvolvidas polo BNG, pechando así unha rolda de encontros que permitiu facer balance directo coa veciñanza e comprobar de primeira man os avances acadados nos últimos dous anos e medio de mandato.

O portavoz e exalcalde, Luís Pérez Barral, cualificou esta etapa como “moi positiva e histórica” polo volume de investimentos realizados e polo impacto real na mellora da calidade de vida no rural.

Durante a xuntanza, as veciñas e veciños trasladaron propostas e novas necesidades relacionadas coas rozas e mantemento de camiños, pavimentacións e reforzo de servizos básicos. Pérez Barral e o seu equipo agradeceron a participación e destacou que “escoitar á veciñanza sempre foi e seguirá sendo un dos nosos sinais de identidade malia que agora outros pretendan copiarnos”.

No balance presentado falou “do importante impulso inversor realizado en Castiñeiras chegando a 680.000€ en dous anos e medio con actuacións que contribuíron a modernizar espazos públicos e infraestruturas básicas”.

Entre estas actuacións destacou a renovación do paseo dos Mosqueiros 200.000€, a creación do paseo da Ameixida 163.000€ e as melloras na área deportiva do Castro 15.000€ No ámbito dos servizos básicos executáronse obras de pluviais e pavimentación nas rúas Revolta e Fonteseca 91.000€, a pavimentación da rúa Curros 90.000€ e a renovación do firme no Camiño dos Páramos 64.000€. Ademais, dixo, “queda preparado e consignado o proxecto para renovar a liña de traída de auga nos Mosqueiros en 2026, cun investimento de 63.000 euros”.

O portavoz nacionalista subliñou que “a acción de goberno permitiu investir 5,5 millóns de euros nas parroquias para ampliar saneamento, abastecemento e pavimentacións, deixando ademais outros 1,5 millóns listos para novas actuacións este ano; en total, máis de 7 millóns de euros destinados a reforzar servizos e infraestruturas no rural de Ribeira”. Tamén destacou a evolución económica municipal: “A xestión do PP fixo que Ribeira teña unha débeda de 13 millóns de euros mentres que o BNG deixa 6,5 millóns para proxectos de futuro, iso é exemplo de xestión responsábel e eficaz”.

A reunión de Castiñeiras puxo o broche final a un ciclo de nove xuntanzas parroquiais celebradas nas últimas semanas, caracterizadas, segundo destacou o BNG, “pola elevada participación veciñal e polo ambiente construtivo de diálogo directo”. Segundo sinalou Pérez Barral, “estes encontros permitiron recoller propostas, avaliar necesidades reais e contrastar co conxunto da veciñanza os resultados da acción de goberno”.

O portavoz destacou especialmente “o respaldo recibido durante esta rolda”, afirmando que nas distintas reunións “percibiuse un apoio maioritario á nosa forma de gobernar, baseada no traballo, no rigor e na atención directa ás parroquias”. Salientou ademais que “esta resposta cidadá reforza a vontade de continuar traballando na mesma liña, con proximidade, responsabilidade e compromiso de seguir formulando propostas positivas”.

Para rematar, Pérez Barral quixo trasladar “unha mensaxe de continuidade e proximidade”, asegurando que “malia concluír esta rolda de encontros, seguirá estando á disposición da veciñanza para escoitar, atender propostas e defender os intereses das parroquias de Ribeira en todo momento”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

Hace tres semanas fue publicado el muy simpar catálogo REGALADE que enumera y da distancias y medidas de ochenta millones de galaxias en el cosmos observable. Distan hasta seis mil millones de años luz, y permite que los astrónomos identifiquen muchas más galaxias y...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.