“Bailar agora” de Marta Alonso Tejada pon o broche de ouro (este sábado) á programación en Outes da Rede Galega de Teatros

27 Febreiro 2026

Este sábado 28 de febreiro remata o ciclo de programación teatral da Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia en Outes, e faino cun gran broche de ouro: cunha proposta que ten recoñecementos como o premio FETEGA ao mellor espectáculo e que tamén obtivo tres premios na edición 22 de Feten (Gijón), onde acadou os seguintes recoñecementos: mellor dirección, mellor actriz principal e mellor iluminación. Estamos a falar do espectáculo Bailar agora, de Marta Alonso Tejada.

A función, encadrada no programa Outes a Escena, levarase a cabo este sábado ás 20.00 horas na Casa da Cultura de Outes.

Bailar agora é a historia dunha bailarina que nace e medra nos anos 80-90 e que, a día de hoxe achégase aos corenta. Marta Alonso diríxese ao público para compartir a súa traxectoria como bailarina e como muller: facendo referencia ao estado actual dos seus desexos e soños, comprometéndose a facelos realidade no momento presente.

Trátase segundo a crítica do espectáculo revelación en Galicia no ano 2021, que logro numerosos premios destacando a orixinalidade da linguaxe escénica, a interpretación e a montaxe. Está dirixido a público adolescente e adulto (maiores de dez anos). O prezo da entrada será de 5,5 € (persoas con Carné Xove, menores de 12 anos, maiores de 65 anos e en situación de paro). Entrada sen desconto: 7 euros. Os billetes estarán dispoñíbeis na Casa da Cultura ou ben a través da web bandoticket.com.

Marta Alonso Tejada fotografada por Mila Ercoli

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.