Aviso sanitario: retirados novos lotes de leite de fórmula das marcas Almirón e Bledina de Danone

06 Febreiro 2026

A Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (Aesan) informou dunha nova retirada de produtos elotes de fórmulas infantís procedentes de Irlanda das marcasAlmirón e Bledina ante a posible presenza decereulida.

A Aesan ampliou a información do pasado 24 de xaneiro, coa decisión de parte do fabricante (Danone) de realizar unha retirada preventiva de novos produtos e lotes.

A propia empresa comunicou a incidencia ás autoridades competentes en cumprimento da lexislación e a fin de non poñer ao dispor da poboación alimentos non seguros.

En concreto, segundo recolle a TVG, trátase dun bote do leite de fórmula Almirón Advance 1, con data de caducidade do 9 de novembro de 2026 e 400 gramos de peso, e doutros da mesma marca con data de 8 de xullo de 2026, 22 de xullo de 2026, 30 de outubro de 2026 e 3 de decembro de 2026, nestes casos cun peso de 800 gramos.

Tamén se retiraron botes de Almirón Advance 2 (datas 13/7/2026, 31/08/2026, 18/09/2026, 27/10/2026, 28/10/2026, 21/11/2026 e 18/12/2026, de 800 gramos); Almirón Advance 1 (caixa de 1,2 quilos con fcha 5/12/2026); e Almirón Advance 2 (caixa de 1,2 quilos con data 9/8/2026, 25/11/2026 e 20/1/2027).

Outros produtos afectados son Almirón Profutura 1 (botes de 800 gramos con datas 28/12/2026, 15/04/2027, 14/05/2027, 13/06/2027, 19/08/2027 e 13/09/2027); Almirón Profutura 2 (botes de 800 gramos con datas 28/12/2026, 11/01/2027, 10/05/2027, 13/06/2027 e 11/07/2027); Almirón Profutura 2 sobres (con data 12/07/2026 e 21/08/2026); Almirón AR2 (bote con data 3/10/2026 e 2/11/2026); e Bledina 1 (bote con data 3/11/2026 e 9/12/2026).

En España, nas últimas semanas a axencia emitiu varias alertas pola posible presenza da toxina, o que levou á retirada do mercado de certos lotes de leite de fórmula de distintas marcas.

A cereulida é unha toxina que pode provocar náuseas, dor de estómago e vómitos e producir deshidratación nos nenos; os seus efectos negativos son “baixo ou moderados” e dependen da idade infantil, pero hai riscos máis graves para os acabados de nacer ou bebés menores de seis meses.

A Autoridade Europea para a Seguridade Alimentaria (EFSA, nas súas siglas en inglés) recomendou este luns establecer límites á presenza de cereulida en alimentos infantís, ante as retiradas de lotes de produtos tras a detección desa toxina en distintos países da Unión Europea.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.