As obras de mellora integral da rúa Real de Muros avanzan a bo ritmo coa colocación das conexións para os servizos públicos

12 Febreiro 2026

As obras de humanización e renovación integral da rúa Real, uns traballos impulsados polo Concello de Muros e que contan cun orzamento de máis de 238.000 euros, avanzan a bo ritmo.

A alcaldesa de Muros, María Lago, e a concelleira de Obras, Laura Rivadeneira, supervisaron na mañá deste xoves 12 de febreiro o estado das obras acompañadas polo director de obra e o contratista, que lles informaron do avance das mesmas.

“A día de hoxe está executada unha das partes máis complicadas da obra, coa colocación das conexións de pluviais, fecais, abastecemento, electricidade e comunicacións cos seus respectivos pozos de rexistro e arquetas”, explicou Rivadeneira.

“Un proxecto importante que da resposta ás demandas da veciñanza; a rúa Real necesitaba estas obras de mellora no seu firme e os servizos, unha actuación que se fará respectando a contorna e as características do casco histórico”, afirmou a alcaldesa, María Lago.

De feito, todos os traballos levaranse a cabo tendo en conta os criterios do Plan Especial de Protección do Conxunto Historico Artistico de Muros, priorizando tamén o mantemento posterior e a alta calidade dos materiais elixidos.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.