As incidencias por meteoroloxía adversa superan as 200 intervencións en Galicia

05 Febreiro 2026

Galicia rexistrou nas últimas horas un notable incremento das incidencias relacionadas coa meteoroloxía adversa, que xa superan as 200 intervencións xestionadas polos servizos de emerxencias. Desde as 00.00 horas de hoxe, o 112 Galicia contabilizou un total de 213 incidencias vinculadas ao episodio de chuvia persistente que afecta á comunidade, con especial incidencia no interior da provincia de Pontevedra.

A maior parte das actuacións estiveron relacionadas coa caída de árbores, obxectos e cables nas vías públicas, con 44, 17 e 9 avisos, respectivamente. Tamén se rexistraron 22 estradas alagadas ou con bolsas de auga, 17 desprendementos de terra e pedras, 10 inundacións en vivendas e baixos, outras 10 incidencias por fochancas e 4 derrubamentos.

As condicións meteorolóxicas adversas influíron tamén nos accidentes de tráfico, que sumaron 41. Deles, 28 saldáronse sen persoas feridas, 11 con feridos e 2 requiriron a intervención dos bombeiros para liberar ás persoas implicadas.

Reparto por provincias e concellos

Por provincias, Pontevedra e Ourense concentran o maior número de incidencias, con 82 e 55 actuacións, respectivamente, seguidas da Coruña con 47 e Lugo con 29.

Entre os concellos con máis intervencións destacan A Estrada e Ourense (9 cada un), Vigo (7), Santiago (6), Lugo, Moaña e Mos (5), así como Cambados, O Carballiño, A Coruña, Redondela, San Cibrao das Viñas e Tui (4).

A pesar do elevado número de incidencias, non se rexistraron consecuencias graves para as persoas. Con todo, producíronse danos materiais en vivendas dos concellos ourensáns de Barbadás, Beariz, Rairiz de Veiga e Ribadavia, así como en Moaña, debido á acumulación de auga en baixos e sotos.

Continúa activo o Plan Inungal

Ante esta situación, mantense activo o Plan Inungal en fase de preemerxencia, co obxectivo de controlar e seguir a evolución do caudal dos ríos, ante o risco de subas pronunciadas e desbordamentos puntuais.

Na provincia da Coruña, mantense a vixilancia sobre os ríos Mero (Cambre), Grande de Xubia (San Sadurniño), Sar (Ames), Barcés (Abegondo), Tambre (Oroso e Trazo) e Mandeo (Coirós). En Pontevedra, os ríos baixo seguimento son o Lérez (Pontevedra), Miñor (Gondomar), Maceiras (Redondela) e Gallo (Cuntis). En Ourense, contrólanse os caudais do Miño, Avia, Arnoia, Limia, Tea e Támega, mentres que en Lugo a atención céntrase no Rego do Batán (Lourenzá).

Outros artigos

A ABE lanza a campaña Black Friday Local: Grazas por estar aí

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) pon en marcha hoxe luns, 23 de novembro, a campaña Black Friday Local – Grazas por estar aí, unha iniciativa coa que se quere aproveitar esta semana para "agradecer a confianza das persoas que apoian as empresas de Boiro" e...

+

As farmacias de Noia súmanse á campaña de Noia polo 25N

As farmacias de Noia sumáronse estes días á campaña Noia di NON á violencia de xénero, encadrada na axenda do CIM e o Concello de Noia para celebrar e visibilizar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, este 25 de novembro. Segundo...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“22 de noviembre de 1963” – Manuel Domínguez

“22 de noviembre de 1963” – Manuel Domínguez

22 de noviembre 1963. Esa tarde estaba escuchando la radio, de joven muy aficionado a ello. Sobre las 09,30 de la tarde la radio da la noticia, el presidente Kennedy ha muerto. Para un jovencito de corta edad ¿Qué importancia pudiera tener esta noticia? El NO-DO, que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.