As emisións de contaminantes atmosféricos están por riba do que nos corresponde por extensión, poboación e PIB

11 Febreiro 2026

ADEGA compartiu datos actualizados do Rexistro de Emisións Contaminantes PRTR (European Pollutants Release and Transfer Register), información relativa a decembro de 2025 en todo o ámbito estatal na que se fai saber que “en Galiza emitíronse 33 substancias contaminantes á atmosfera”. Destas, 17 teñen unha porcentaxe de volume de emisión que supera o 6% do Estado. “Xa que logo”, informa ADEGA, “para estas substancias, as emisións en Galiza están por riba do que nos correspondería por poboación (5,5% da estatal), territorio (5,65%) ou PIB (5,1%)”.

Estes contaminantes atmosféricos con altas emisións na nosa terra son: dioxinas e furanos, hidrofluorocarburos, óxido nitroso, naftaleno, antimonio e compostos, HAP (hidrocarburos aromáticos policíclicos), COVNM (compostos orgánicos volátiles non metano), cadmio, zinc, benceno, cloro e compostos, partículas PM10, níquel, amoníaco, óxidos de xofre, óxidos de nitróxeno e mercurio.

Do conxunto de contaminantes atmosféricos (33), ocupamos o primeiro posto entre todas as comunidades do Estado na emisión de 5 substancias: dioxinas e furanos, hidrofluorcarburos (HFC), oxido nitroso, naftaleno e antimonio e os seus compostos. Ocupamos tamén o segundo lugar no Estado por emisión de 2 contaminantes: Hidrocarburos Aromáticos Policíclicos (HAP), e Compostos Orgánicos Volátiles Non Metano (COVNM); e o terceiro por emisión de 3 substancias: benceno, partículas PM10 e níquel. 

Con respecto aos valores rexistrados para as emisións á atmosfera de moitas destas substancias contaminantes, “en Galiza non se están a cumprir as recomendacións e directrices da OMS (Organización Mundial da Saúde”, 2021), sinala ADEGA.

Á vista destes datos, o vogal ecoloxista no Consello da Calidade do Ar de Galiza, Ramón Varela, trasladará á Xunta na sesión deste organismo consultivo prevista para o 12 de febreiro as seguintes propostas, inspiradas nas recomendacións da OMS:

-Actuar con urxencia para reducir no curto prazo (antes de 2030), as emisións de substancias contaminantes, particularmente daquelas que superan o 5-6% do total do Estado. Para iso, débese intervir especialmente sobre as instalacións de combustión/enerxéticas, a industria derivada da madeira, a xestión de residuos, a industria química, de minerais e a alimentaria, entre outras. “A administración pública debería dar exemplo e actuar naqueles complexos da súa xestión directa ou partillada”, adiantan.

-Elaborar e aplicar un Plano Galego para restrinxir o uso de determinados combustíbeis fósiles nos procesos industriais, con prazos temporalizados e medidas obrigatorias de redución e substitución.

-Establecer un mapa de zonas saturadas por contaminantes e fixar límites cuantitativos moito máis baixos ou mesmo cero para substancias recoñecidas como tóxicas, perigosas ou moi problemáticas para o medio ambiente e a saúde humana, como o benceno, naftaleno, mercurio, cadmio, níquel, vanadio…

ADEGA conclúe deste xeito: “a actual lexislación é especialmente laxa e permisiva coas emisións de substancias contaminantes que afectan á nosa saúde, e as actuacións das administracións deberan guiarse polas recomendacións e valores propostos pola OMS, e non preocuparse só de seguir favorecendo as plusvalías de determinadas industrias contaminantes”.


Ramón Varela Díaz é doutor en Ciencias Biolóxicas (Universidade Autónoma Madrid), experto en contaminación ambiental e ex-presidente de ADEGA.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.