Aparatoso accidente en Frións, cun turismo envorcado na vía e un poste telefónico tronzado

11 Febreiro 2026

O núcleo de Frións, na parroquia de Carreira (Ribeira), foi este martes 10 de febreiro pola tarde o escenario dun aparatoso accidente de tráfico na estrada DP-7301. No dispositivo de emerxencia do accidente traballaron as dotacións de garda do Grupo de Emerxencias e Protección Civil Municipal (GAEM de Ribeira), dos Bombeiros de Ribeira, da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico, mobilizados polo CIAE 112. O accidente consistiu na saída de vía dun Renault Megane que se esnafrou contra un poste telefónico tronzándoo pola metade. No sinistro, malia a súa aparatosidade (o turismo ficou envorcado no medio da vía), non houbo que lamentar danos persoais, xa que o condutor saíu ileso do seu vehículo. Foi preciso manter a circulación cortada durante case unha hora (no treito de estrada que vai dende o Colexio de Frións até a rotonda de Xarás).

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...