ADEGA, Limpiarousa, Surfrider e ProxectoaMARte impulsan a segunda edición do “Tarugotón” nas praias galegas

26 Febreiro 2026

Por segundo ano consecutivo, as entidades ecoloxistas ADEGA, Limpiarousa, Surfrider España e ProxectoaMARte organizan unha recollida simultánea de paus de batea nas praias de Galiza, baixo o nome de Tarugotón.

A iniciativa, que se desenvolverá nesta fin de semana do 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo, está aberta tamén á participación de centros educativos durante calquera día da vindeira semana. Trátase dunha actividade de ciencia cidadá que busca contribuír á conservación das nosas costas e sensibilizar á poboación sobre a problemática dos paus de batea, coñecidos como tarugos, e doutros residuos mariños presentes nos areais galegos.

O Tarugotón poderá realizarse en calquera praia do litoral galego.

As organizacións convocantes convidan a cidadanía a escoller un areal e proceder á recollida de tarugos por un máximo dunha hora na liña superior da marea, zona onde adoitan acumularse os paus de batea.

As persoas participantes deberán contabilizar o número total de tarugos recollidos, así como indicar o seu estado (cantos están enteiros ou fragmentados), e recompilar información básica sobre a acción (lugar de recollida -praia e concello-, número de persoas participantes e fotografías da xornada). Os datos deberán remitirse a través do formulario habilitado para a campaña Tarugotón 2026.

Co obxectivo de facilitar a organización, recoméndase que calquera persoa ou grupo interesado en participar o comunique previamente ás entidades coordinadoras segundo a zona:

–Zona Rías Baixas: limpiarousa@gmail.com

–Zona Costa da Morte e Mariña Lucense: itziar@adega.gal

–Zona A Coruña e Ferrol: proxectoamarte@gmail.com

ADEGA engade que o Tarugotón pretende non “só retirar estes residuos das praias galegas, senón tamén xerar datos útiles para coñecer mellor a dimensión deste problema ambiental e reforzar a conciencia social sobre a necesidade de protexer os ecosistemas mariños”. 

Na edición anterior, o #Tarugotón25 mobilizou arredor de 300 persoas en todo o litoral galego e permitiu retirar máis de 16.000 paus de batea en apenas tres días.

Estes elementos plásticos utilízanse no cultivo do mexillón e, cando se desprenden, rematan nas praias, onde supoñen un problema ambiental recorrente.

As entidades organizadoras agardan repetir e ampliar a participación este ano, e continuar abrindo diálogo con administracións e sector bateeiro para buscar solucións a longo prazo.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.