
O domingo 18 de xaneiro pasado produciuse un gravísimo accidente ferroviario en Adamuz (Córdoba) do que España enteira non se recupera: un tren Iryo que realizaba o traxecto entre Málaga e Madrid descarrilou e invadiu a vía contigua. Faleceron, como moi ben lembrará o lector, 46 persoas.
Por que?
Os especialistas seguen a estudar o caso.
Mentres tanto, Xapón anuncia o lanzamento do seu novo tren bala. A empresa ferroviaria East Japan Railway Company presentará proximamente o tren bala Shinkansen E10, deseñado para acadar unha velocidade máxima de 320 quilómetros por hora e conectar Tokio coa rexión noreste do país. Este tren estará completado no outono de 2027, aínda que a súa posta en marcha non terá efecto ata 2030.
Este tren integrará mecanismos de seguranza para que non descarrile durante os terremotos, poderá soportar sacudidas e danos, terá un deseño exterior inspirado nas flores de cerdeira xaponesas, o seu deseño interior -inspirado nas flores de cerdeira xaponesas- centrará o seu deseño na comodidade do usuario; contará con dez vagóns, disporá de amortiguadores laterais e posuirá un sistema de freado mellorado para acurtar as distancias cando sexa necesario.
O tren incluirá consolas nos bogies para os guiar na dirección da vía e ampliará a almacenaxe para pezas de equipaxe, o número de espazos para cadeiras de rodas e o número de tomas de corrente nos asentos. Amais, o motor de tracción asíncrono terá un sistema de indución sen ventilador.
Chegaremos algún día a ter en España un tren destas características?.
Viaxei de Tokio a Osaka nun dos famosos tren bala. Nunca ata ese momento experimentara a tranquilidade que outorga a práctica seguridade de que viaxas coa tranquilidade de que pase o que pase, o teu tren levarate ao teu destino e chegará en hora. No podemos dicir o mesmo en España, e menos nas últimas semanas.



