Activado para o xoves o aviso laranxa por choiva no interior de Pontevedra e por temporal costeiro no litoral galego

04 Febreiro 2026

A Xunta activou desde a madrugada deste xoves a alerta laranxa por choiva intensa no interior da provincia de Pontevedra e por temporal costeiro no litoral da Coruña e Pontevedra, unha situación que se estenderá ao mediodía do xoves á Mariña lucense.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, dependente da Consellería de Presidencia, informou da situación a través do 112 Galicia a concellos, deputacións, agrupacións de Protección Civil, servizos provinciais e clubs náuticos, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas e bens.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), prevese que no interior pontevedrés se acumulen máis de 80 litros de auga por metro cadrado en 12 horas, podendo chegar a superar os 100 —ou mesmo os 120 litros— nun período de 24 horas. Recoméndase extremar a precaución nas estradas, evitar zonas asolagadas e manterse afastado dos cursos fluviais.

Suspensión das actividades exteriores nos colexios

A Comisión Escolar de Alertas decidiu suspender este xoves, 5 de febreiro, todas as actividades no exterior dos centros educativos de 16 concellos da zona interior de Pontevedra: Agolada, Campo Lameiro, A Cañiza, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Cuntis, Dozón, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Lalín, A Lama, Moraña, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.

Pola súa banda, a Secretaría Xeral para o Deporte anunciou tamén a suspensión da actividade deportiva federada e do programa Xogade ao aire libre nos concellos afectados, segundo as previsións meteorolóxicas.

Temporal costeiro con ondas de ata sete metros

Ademais, desde a madrugada deste xoves estará activa a alerta laranxa por temporal costeiro na costa da Coruña e Pontevedra, que se ampliará a partir do mediodía ao litoral de Lugo. Agárdase mar combinada de oeste con ondas de ata sete metros e vento do suroeste forza 7, con refachos que poderían alcanzar forza 8.

A Xunta recomenda extremar as precaucións, evitar achegarse a diques, rompentes e paseos marítimos, así como revisar cabos e amarres das embarcacións. Mantense tamén suspendida toda a actividade deportiva no mar.

Trece ríos en seguimento

O Plan de control e seguimento do caudal dos ríos (Inungal) continúa activo e vixía actualmente 13 ríos nas provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra.

Na Coruña están en seguimento o Mero (Cambre), Sar (Ames), Barcés (Abegondo), Valiñas (Culleredo) e Tambre (Oroso e Trazo). En Pontevedra, o Maceiras (Redondela), Lérez (Pontevedra), Miñor (Gondomar) e Miño (Salvaterra de Miño). Este último tamén está vixiado nos concellos ourensáns da Peroxa, Ribadavia e Ourense cidade. En Ourense contrólanse, ademais, o Avia (Ribadavia), Arnoia (Baños de Molgas), Limia (Bande) e Támega (Castrelo do Val e Oímbra).

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.