A Deputación achega axudas a todos os concellos do Barbanza para o mantemento de persoal técnico de cultura

25 Febreiro 2026

A Deputación da Coruña vén de facer pública a resolución provisional do programa de subvencións FO206, destinado a financiar os gastos de persoal técnico nos servizos municipais de cultura durante o exercicio 2026.

Esta liña de axudas conta cunha partida orzamentaria que permite dar soporte a unha ampla rede de profesionais en toda a provincia, garantindo a dinamización cultural e a xestión técnica de calidade nos concellos e entidades locais menores, explicou a deputada de Cultura, Natividade González, quen destacou que estamos ante “un programa fundamental para garantir que a cultura chegue a todo o territorio, especialmente aos concellos máis pequenos”.

A deputada Natividade González

As subvencións para postos de técnico de xestión cultural a tempo completo sitúanse en 14 895 euros, mentres que para o persoal de animación sociocultural a contía ascende a 9 650 euros. Deste xeito, repartiranse 769 278,93 euros a un máximo de 63 entidades locais.

González sinala que “esta convocatoria permite apoiar tanto postos de animación sociocultural como de xestión cultural, reforzando estruturas profesionais estábeis nos concellos”, e incide en que a resolución provisional evidencia «a consolidación dun modelo de cooperación institucional que aposta pola cultura de proximidade».

Dentro da modalidade destinada ao persoal de animación sociocultural, resultaron beneficiarios provisionais 25 concellos: Ames, Arzúa, Bergondo, Boimorto, Cabanas, Camariñas, Carral, Fene, Fisterra, Frades, Laxe, Mañón, Melide, Mugardos, Muros, Neda, Oleiros, Outes, Paderne, Padrón, Sada, Santiso, Touro, Trazo e O Pino, así como o Padroado da Cultura do Concello de Narón. Estas axudas permiten que as administracións locais manteñan programas de proximidade e actividades de lecer educativo e cultural nas súas respectivas vilas.

Pola súa banda, na modalidade de xestión cultural, as axudas provisionais recaen nos seguintes 25 municipios: A Pobra do Caramiñal, Abegondo, Betanzos, Boiro, Brión, Cabana de Bergantiños, Cee, Coirós, Culleredo, Dodro, Lousame, Mazaricos, Miño, Noia, Porto do Son, Ribeira, Rois, San Sadurniño, Teo, Toques, Tordoia, Valdoviño, Vedra, Vilasantar e Vimianzo, ademais da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes.

A deputada explicou que, aínda que a demanda superou o crédito inicial previsto, aplicouse unha redución proporcional das contías para que todas as entidades que cumpren os requisitos poidan contar con apoio económico. “Isto demostra o compromiso da Deputación coa equidade territorial e co mantemento do emprego técnico cultural”, afirmou.

A resolución inclúe tamén un apartado de concesións condicionadas para os concellos da Baña, Carballo, Carnota, Dumbría, Irixoa, Malpica de Bergantiños, Ordes, Pontedeume, Ponteceso, Rianxo e Sobrado dos Monxes.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.