A Asociación Española Contra o Cancro abre as inscricións do seu Club de Saúde en Rianxo

11 Febreiro 2026

A Asociación Española Contra o Cancro anunciou da apertura das inscricións do seu Club de Saúde en Rianxo. A AECC repite programa no concello barbanzán tras, segundo informou a asociación, “a experiencia positiva de edicións anteriores”.

Os Clubs de Saúde ofrecen un espazo gratuíto de apoio para pacientes con cancro e os seus familiares, con actividades que fomentan a saúde física, emocional e social en zonas rurais. As actividades comezarán en Rianxo o 9 de abril e prolongaranse ata o mes de novembro.

Os Clubs de Saúde forman parte dunha rede presente xa en once municipios da provincia da Coruña: A Laracha, As Pontes de García Rodríguez, Boimorto, Cedeira, Cee, Coristanco, Curtis, Melide, Ortigueira, Rianxo, Vimianzo.

As persoas interesadas poden inscribirse de forma gratuíta a través dos centros de saúde, os servizos sociais municipais ou chamando ao teléfono gratuíto 900 100 036.

Como dixemos, trátase dun programa de intervención sociocomunitaria deseñado para zonas rurais e orientado a mellorar a saúde física, emocional e social de persoas con cancro e os seus familiares.

Na comarca do Barbanza, Rianxo volve acoller esta iniciativa tras a experiencia positiva de edicións anteriores. O inicio das actividades está previsto para o 9 de abril, con sesións semanais en horario de 17.00 a 18.30 no Centro de Saúde, coordinadas por profesionais especializados.

“A iniciativa está especialmente pensada para achegar recursos de apoio e promoción do benestar ás zonas rurais, onde en ocasións as persoas non contan coas mesmas oportunidades de acceso a este tipo de programas. Baixo o principio de equidade que defendemos desde a Asociación, os Clubs de Saúde sitúan sempre á persoa no centro da atención integral, con independencia do seu lugar de residencia”, sinala Manuel Aguilar, presidente da Xunta Provincial da Asociación Española Contra o Cancro na Coruña.

Engade que a posta en marcha e consolidación dos Clubs de Saúde na provincia foi posíbel grazas ao traballo conxunto da Asociación Española Contra o Cancro co Servizo Galego de Saúde (SERGAS) e os concellos implicados, “unha colaboración clave para facilitar o acceso da cidadanía a recursos de saúde e benestar e reforzar a implantación do programa”.

A través das súas distintas actividades, os Clubs de Saúde non só buscan mellorar a saúde individual das persoas participantes, senón tamén “xerar un impacto positivo na comunidade, fortalecendo os lazos sociais e creando unha rede de apoio máis ampla dentro da contorna local”.

A iniciativa contou coa participación de 135 pacientes e 78 familiares desde o seu inicio no ano 2024. Comezouse implantando nos municipios de Vimianzo, Melide e Cedeira e, tras o seu éxito, en 2025 ampliouse para incluír catro novos Clubs de Saúde nas Pontes de García Rodríguez, Cee, Curtis e Rianxo, ademais de dous clubs satélites en Boimorto e Coristanco —que ofrecen as súas propias sesións e a posibilidade de compartir algunhas actividades con clubs veciños—.

Desta volta, a rede continúa medrando coa incorporación de dous novos municipios —Ortigueira e A Laracha— consolidando así a súa presenza en distintos puntos da provincia da Coruña.

A participación nos Clubs de Saúde é totalmente gratuíta. As persoas interesadas poden inscribirse a través dos centros de saúde dos municipios, os servizos sociais municipais ou o voluntariado das Xuntas Locais da Asociación Española Contra o Cancro nos municipios onde se ofrecen os clubs. Tamén chamando ao teléfono gratuíto 900 100 036. As prazas son limitadas.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.