A ANPA Santa Uxía celebra o Día de Rosalía no CEIP O Grupo de Ribeira co tradicional “Caldo de Gloria”

23 Febreiro 2026

A comunidade educativa do CEIP O Grupo de Ribeira conmemorou hoxe, 23 de febreiro, o Día de Rosalía de Castro cunha actividade moi especial organizada pola ANPA Santa Uxía.

Como xa é tradición nos últimos anos, a celebración xirará arredor do popular “Caldo de Gloria”, elaborado seguindo a receita orixinal recollida no poema “Miña casiña, meu lar” da propia Rosalía de Castro. Nesta ocasión, o prato contará ademais cun toque gastronómico especial da man de Richi e Ramona, do grupo Baiuca, que se suman á homenaxe cunha achega creativa.

Tras a degustación, o alumnado participou nun recitado colectivo do poema e nunha actividade artística na que pintarán e traballarán arredor da figura da insigne poeta, unha das voces máis destacadas da literatura galega.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Blindar a vivenda” – José Manuel Pena

“Blindar a vivenda” – José Manuel Pena

Está moi ben tratar de blindar na Constitución Española, que todas as pensións (de xubilación, invalidez, viuvez, en favor de familiares,…) se revaloricen, anualmente, segundo o Índice de Prezos ao Consumo; que se incremente, anualmente, o Salario Mínimo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.