A ABE realiza o sorteo da Campaña de San Valentín

13 Febreiro 2026

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) realizou na mañá deste venres 13 de febreiro o sorteo dos premios da campaña de San Valentín entre os 1.207 rexistros de compras recibidos a través da web da entidade, co obxectivo de premiar ás persoas que apostan polo comercio local nestas datas especiais.

Entre o 3 e o 13 de febreiro, os clientes que realizaron compras nos establecementos asociados puideron participar no sorteo de tres cestas saudábeis, compostas por froitas variadas e produtos de tempada, rexistrando os seus tíckets ou facturas a través da aplicación dispoñíbel en www.abe.gal.

Unha vez máis, a ABE apostou polo selo Produtos dos nosos socios, garantindo que os premios proceden integramente de froiterías asociadas, o que asegura a máxima frescura, calidade e proximidade dos produtos, reforzando así o compromiso coa economía local e coa identidade comercial de Boiro.

A patronal engade que esta iniciativa está “plenamente aliñada coa filosofía da marca #SomosBoiro, que promove un consumo responsábel, o apoio ao comercio de proximidade e a posta en valor do tecido económico local como motor de cohesión social e desenvolvemento”.

Persoas premiadas:

Nadia Porres, por unha compra en BoiroFarma

Lucía Ordoñez, por unha compra en Estación de Servizo Garlou

Marcelina Viturro, por unha compra en Alimentación Teresa – Secreto Gallego

As persoas premiadas xa teñen á súa disposición desde este venres 13 mesmo os premios.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“La guerra como negocio de la atrocidad”. Alberto Barciela

“La guerra como negocio de la atrocidad”. Alberto Barciela

Asistimos en el tablero de Oriente Próximo a una representación dramática de la discordia entre la moral y la política. El conflicto que involucra a Irán y sus vecinos pone de manifiesto cómo el moralista político -aquel que forja una moral ad hoc para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.