A ABE lanza a campaña de San Valentín cun sorteo de tres cestas saudábeis de produtos locais

03 Febreiro 2026

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) puxo en marcha unha nova campaña de promoción comercial con motivo de San Valentín, co obxectivo de “premiar ás persoas que apostan polo comercio local nas súas compras durante estas datas”.

Entre o 3 e o 13 de febreiro, os clientes que realicen compras nos establecementos asociados poderán participar no sorteo de tres cestas de produtos saudábeis, compostas de froitas variadas e produtos de tempada, rexistrando os seus tíckets ou facturas a través da aplicación dispoñíbel en abe.gal.

Unha vez máis, sinala a ABE, “queremos apostar polo uso do selo de produtos dos nosos socios, garantindo que os produtos sorteados proceden das empresas asociadas, neste caso do sector de froiterías, reforzando así o compromiso coa economía de proximidade e coa identidade local”.

Esta iniciativa está ademais plenamente aliñada coa filosofía da marca #SomosBoiro, que promove o consumo consciente, o apoio ao comercio de proximidade e a posta en valor do tecido económico local como motor de cohesión social e desenvolvemento.

O sorteo celebrarase o 13 de febreiro ás 9:00 horas, e os premiados serán contactados para recoller o premio ese mesmo día, podendo así sorprender con agasallos a quen máis queren.

Outros artigos

A III edición da Noite Tradi encheu a praza da Igrexa de Ribeira

Este sábado 11 de xullo de 22 a 01:30 h celebrouse en Ribeira, na Porto do Sol (perante a Igrexa Parroquial de Santa Uxía) a terceira edición da Noite Tradi, organizada pola Asociación Cultural Bailadela e a Concelleria de Cultura de Ribeira. Contou coa actuación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.