Venres 23, a borrasca Ingrid deixará un forte temporal durante toda a xornada.

22 Xaneiro 2026

Este venres 23, San Ildelfonso e San Armando, a borrasca Ingrid deixará tempo inestable nas Rías Baixas e na área de Santiago. Agárdanse ceos nubrados con chuvascos frecuentes, que poden ser intensos en momentos puntuais e ir acompañados de treboada ou sarabia.

As temperaturas baixarán, con ambiente frío para a época (4 de mínima e 8 de máxima). O vento soprará con forza do oeste e suroeste, especialmente na costa, e irá virando a noroeste ao final do día.

meteogalicia

Galicia estará durante o venres baixo a influencia da borrasca Ingrid, situada ó sur de Irlanda. Con esta situación, agárdanse intervalos nubrados con chuvascos, localmente treboentos, ocasionalmente con sarabia. A cota de neve situarase nos 600 metros baixando a 400 metros ó final do día. As temperaturas sufrirán un moderado descenso, con xeadas en zonas de interior, moi intensas na montaña e máximas con valores moi baixos, mesmo para esta época do ano. Os ventos soprarán do oeste-suroeste,moderados en xeral, fortes no litoral e zonas altas, virando a noroeste forte ó final do día.

Sábado continuaremos con choivas e mal tempo.

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá e do oeste á tarde e á noite, forza 6 a 8 á mañá e á noite e 6 a 7 á tarde. Media vaga. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 4 a 5 metros á mañá e á tarde e 5 a 7 metros á noite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.