Un novo conxunto escultórico recupera a iconografía da Epifanía na Catedral de Santiago

04 Xaneiro 2026

Apenas uns días antes da celebración da solemnidade da Epifanía, a Catedral de Santiago de Compostela incorporou ao seu espazo litúrxico un novo conxunto escultórico que recupera unha iconografía de gran relevancia histórica e teolóxica. A obra remite á adoración dos Sabios de Oriente ao Neno Deus, unha representación que tivo unha presenza destacada na basílica unha vez concluído o gran proxecto mateano, especialmente no trascoro e en continuidade co discurso do Pórtico da Gloria.

Esta escena centraba antigamente a mirada de fieis e peregrinos no misterio da Epifanía: un acontecemento iniciado en Belén, culminado en Xerusalén e manifestado a toda a humanidade. En Santiago, dita manifestación adquire ademais un significado propio ao encarnarse no testemuño do apóstolo Santiago o Zebedeo, primeiro apóstolo mártir, cuxa misión non foi anunciarse a si mesmo, senón sinalar e proclamar ao Salvador.

A peza, realizada en bronce e cerámica polo escultor compostelán Óscar Aldonza, preséntase como un fito simbólico que marca o inicio do camiño de preparación cara ao Ano Xubilar 2027, convidando a unha vivencia máis profunda e consciente deste tempo de graza.

Inspirada na experiencia dos Magos de Oriente, que souberon recoñecer ao Mesías seguindo a luz da estrela, a obra propón aos crentes prepararse para redescubrir, con alegría e esperanza, a Cristo a través da memoria do Apóstolo. Xesús, o Verbo feito carne, é presentado como aquel a quen Santiago anuncia e sinala, para que a humanidade participe da plenitude divina.

Neste contexto, a Catedral lanza unha chamada aos peregrinos a Santiago a dispoñerse interiormente: purificando a mirada para distinguir a verdadeira Luz, afinando o oído para escoitar a Palabra no medio do ruído, e abríndose ao perdón como experiencia de reconciliación profunda.

O desexo final é que, ao chegar á tumba do Apóstolo, o corazón dos peregrinos rebose alegría e xúbilo, e que, sen artificios, se convertan eles mesmos en epifanía para o mundo actual, neste inicio do segundo cuarto do terceiro milenio, nun mundo chamado a ser un don habitable de Deus para todos.

APROXIMACIÓN AO CONXUNTO ESCULTÓRICO:

O conxunto escultórico, con pezas de tamaño natural, como primeiro fito que impulsa a preparar o Ano Xubilar, contén a carga de significación da ENCARNACIÓN-EPIFANÍA.

A imaxe central da Virxe co Neno suxire un triplo movemento. Dado que a peza vaise instalar no lugar que agora mostra a pegada dun recheo de perpiaños e mamposto na portada da antiga Sala Capitular, ese fondo quedará cuberto por unha superficie porcelámica que representa un rompemento de gloria, na que se destacará unha estrela que proxecta os seus raios, como unha alusión ao antigo coro pétreo. Evocación potenciada pola recreación libre do castellete, procedente do coro mateano, do que asoman os cabalos dos Sabios de oriente. Aí centrada, a Virxe dirixe a súa mirada (como profecía) cara arriba en dirección ao Pórtico (o Neno que sostén vivirá o drama da paixón e morte que culminará coa súa glorificación) ; o Neno, en sentido contrario, dirixirá a súa mirada cara á Capela Maior, invitando aos fieis a vivir o encontro íntimo con El no sacramento da Eucaristía; o pano que envolve ao Neno, tamén en memoria do que foi a obra de Mateo, loce unha cor azul lapislázuli: o mellor pigmento para a imaxe principal. San José, sorprendido, contempla aos Magos. E estes presentan os seus dons e adoran.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.