UCIN Boiro critica o estado da estrada de Berres

20 Xaneiro 2026

O grupo UCIN Boiro, a través do seu coordinador Miguel Piqueras, vén de emitir un novo comunicado no que critica o estado no que se atopa a estrada de Berres, unha vía fundamental que conecta Boiro con O Saltiño e Cabo de Cruz e que, indican, “soporta diariamente un elevado volume de tráfico de veciñanza, traballadores e servizos básicos”. Para a agrupación a vía atópase nun estado de “abandono prolongado”, con “numerosas
fochancas de gran tamaño, o firme completamente degradado e ausencia total de mantemento, o que supón un grave risco para a seguridade viaria e provoca danos continuos nos vehículos”, indicou Piqueras, engadindo que a situación “resulta especialmente perigosa para os peóns, xa que a vía carece de beirarrúas e de iluminación pública, a pesar de ser utilizado habitualmente pola veciñanza da zona”.

UCIN dixo tamén que “as persoas residentes levan anos reclamando unha reparación integral” e que “en 2021 a Deputación da Coruña e o Concello de Boiro anunciaron publicamente un proxecto de mellora que nunca chegou a executarse”.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Volve o Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro

A Fundación Rosalía de Castro e a Secretaría Xeral da Lingua presentaron hoxe a VIII edición do Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro, coa que as dúas entidades, en colaboración con El Corte Inglés, pretenden fomentar a creación poética en lingua galega á vez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.