UCIN Boiro critica ao Concello pola “falta de accesibilidade” dunha vivenda social

07 Xaneiro 2026

O grupo UCIN Boiro emitiu un comunicado no que critica ao Concello polos traballos de acondicionamento realizados na vivenda de emerxencia social presentada recentemente no polo Goberno local, unha actuación financiada con fondos públicos (75.000 euros), sosteñen dende UCIN, que “incumpre os requisitos básicos de accesibilidade universal desde o seu acceso principal”.

Critican que a entrada “presenta unha escaleira con chanzos, carece de rampla, pasamáns ou calquera alternativa válida para persoas con mobilidade reducida, usuarios de cadeira de rodas, persoas maiores ou familias con carriños infantís”.

O coordinador de UCIN Boiro, Miguel Piqueras, esixiu explicacións públicas inmediatas sobre como se aprobou e executou un proxecto con, nas súas palabras, “deficiencias tan evidentes, a asunción de responsabilidades políticas pola mala xestión de fondos públicos, e a corrección urxente da falta de accesibilidade mediante solucións seguras e totalmente axustadas á normativa vixente”.

Outros artigos

Volve o Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro

A Fundación Rosalía de Castro e a Secretaría Xeral da Lingua presentaron hoxe a VIII edición do Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro, coa que as dúas entidades, en colaboración con El Corte Inglés, pretenden fomentar a creación poética en lingua galega á vez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.